Guía elaborada polo Centro Nacional de Desarrollo Curricular en Sistemas no Propietarios (CeDeC) que ten como obxectivo ofrecer ás familias orientacións sobre as redes sociais e o uso que os menores fan delas. A intención é proporcionar coñecementos básicos sobre o tema, algunhas pautas para educadores e un conxunto de recursos útiles para docentes, pais e menores. Non está pensado como un material pechado, senon como unha base para incorporar suxestións e aportacións dos membros da comunidade educativa.
O material está dividido en tres partes:
- A primeira está adicada a Internet. Tenta dar unha visión moi xeral deste fenómeno e do uso que fan de él nenos e nenas e adolescentes. Ofrécese así mesmo unha explicación dos riscos e ameazas existentes na rede, e tamén consellos e orientacións para que as familias poidan educar e orientar aos seus fillos e fillas para navegar dun xeito adecuado.
- A segunda está adicada a ofrecer unha información xeral sobre as redes sociais: que son e como funcionan, que tipos de redes existen, cales son as máis importantes, etc.
- Finalmente, a terceira ofrece información para que as familias e os seus fillos e fillas poidan aprender xuntos a facer un uso axeitado e formativo das redes: lexislación, pautas de uso para menores e familias, recursos formativos e ligazóns de autoridades e organizacións privadas onde poden denunciarse abusos e actos ilícitos.
Para acceder á versión online da guía, fai clic na imaxe
Fonte: CeDeC
No hay comentarios:
Publicar un comentario