26/8/14

Ciclos formativos da FP básica. Convocatoria curso 2014/2015




A Consellería de Educación ven de publicar a Orde de 14 de agosto de 2014 pola que se regula o acceso e a admisión aos ciclos de formación profesional básica e se autoriza a súa oferta para o curso 2014/15.

Requisitos de acceso:
a) Facer 15 ou 16 anos no ano de inicio do ciclo formativo.
b) Ter cursado o terceiro curso de educación secundaria obrigatoria ou, excepcionalmente, ter cursado o segundo curso.
c) Ser proposto/a polo equipo docente ao pai, á nai ou á persoa que teña a titoría legal para a incorporación a un ciclo de formación profesional básica mediante o consello orientador.

É preciso, ademais, o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais do alumno ou da alumna, para cursar estas ensinanzas.

O prazo de presentación da solicitude de admisión e matrícula será o abranguido desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 10 de setembro.
 
O alumnado que sexa admitido no ciclo solicitado deberá formalizar a súa matrícula desde o día 12 ata o día 19 de setembro.

A solicitude pode descargarse en https://sede.xunta.es co código de procedemento ED522A.

Admisión: No caso de existir maior número de solicitudes que de postos escolares, asignaranse as prazas conforme os seguintes criterios de prioridade:
  1. Alumnado que teña cursado 2º ESO.
  2. Alumnado que teña cursado 3º ESO.
  3. Alumnado que teña cursado 4º ESO. 
Dentro de cada grupo, ordenarase de menor a maior idade.

Documentación:
  1. Solicitude de admisión e matrícula no centro no que pretenda ser admitido (Anexo I).
  2. Copia do DNI ou NIE.
  3. Comunicación de incorporación á formación profesional básica (Anexo IV).
  4. Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión para persoas con discapacidade.
Ciclos ofertados: Véxase o Anexo V da orde de convocatoria.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario