A Xunta de Galicia ven de publicar a Orde do 18 de agosto de 2014 pola que se convocan os premios de
educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal
correspondentes ao curso 2013/2014.
Número e características dos premios:
- Poderanse conceder ata un máximo de 20 premios.
- Cada premio estará dotado con 750 euros.
- A obtención deste premio non supón incompatibilidade coa obtención doutros.
Requisitos de participación:
- Ter cursado durante o curso 2013/14 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
- O alumnado candidato deberá merecer un especial recoñecemento pola dedicación e esforzo demostrado ao longo da etapa en superar as súas dificultades, ben de tipo persoal, educativas, e/ou do contorno familiar e sociocultural.
Perfil do alumnado:
- Procedente de contornos socioculturais desfavorecidos ou de contornos familiares disfuncionais que supoñan desvantaxe manifesta cara a conseguir rematar os seus estudos.
- En proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.
Forma e prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311E dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera
dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación:
- Solicitude cuberta segundo o modelo do Anexo I da orde.
- Certificación académica dos estudos (só no caso de que o alumnado non teña todo o seu expediente de ESO recollido na base de datos da aplicación XADE), onde se reflicta a cualificación final media, asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/a director/a do centro no que se atope o expediente académico. A nota media será a media aritmética das cualificacións en todas as materias dos catro cursos da etapa.
- Documento xustificativo da transferencia de datos que se imprimirá por parte da dirección do centro público no que está o expediente académico, unha vez introducidos os datos da solicitude do alumnado, na aplicación informática https://www.edu.xunta.es/premioseso.
- Informe xustificativo da proposta realizada. O dito informe será elaborado por unha comisión formada pola dirección do centro, a xefatura de estudos, a xefatura do departamento de orientación e o/a titor/a do candidato ou, na ausencia deste, un/unha profesor/a, preferentemente do/da alumno/a, nomeado/a pola dirección do centro educativo. Nel darase conta das especiais condicións da escolaridade do alumno ou alumna proposto/a.
- Fotocopia do documento de identidade (DNI ou NIE do solicitante).
- A descrición exhaustiva e razoada das dificultades persoais, educativas ou do contorno sociofamiliar da persoa candidata que, ao xuízo do equipo docente, dificultaron o seu desenvolvemento educativo.
- As medidas de apoio adoptadas polo centro educativo en relación ás necesidades educativas do alumno ou alumna e a súa repercusión no progreso escolar.
- O grao de consecución das competencias e dos obxectivos da etapa e a persistencia no seu logro, así como a valoración do esforzo persoal.
- A descrición de calquera outra circunstancia que, a xuízo da comisión do centro educativo, mereza ser tida en conta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario