17/8/14

"Familia y educación. Guía práctica para Escuelas de Padres y Madres eficaces"

  • Guía editada no 2012 pola Consellería de Educación, Formación e Emprego da Rexión de Murcia da que son autoras Isabel Ruiz García, Pilar Sánchez Álvarez e Mª Elena de Jorge Martínez. 
  • Trátase dun libro de carácter práctico para familias, pensado e elaborado desde a óptica educativa e a experiencia docente, no que se destaca o carácter positivo que supón a implicación familiar para a transmisión de valores fundamentais, para o éxito escolar do alumnado, e que devolve ao escenario educativo o seu protagonismo na formación e desenvolvemento do talento dos seus fillos/-as. 
  • O obxectivo é, xa que logo, axudar ás familias a recoñecer as situacións cotiás que fan difícil o proceso educativo, na maioría das ocasións por mor da falta de información e formación específicas. 
  • A guía comeza cunha introducción na que se expón o contexto social de partida. A continuación, un capítulo que desenvolve o estado da cuestión sobre o binomio inseparable de familia e educación. Seguen unhas pinceladas sobre a evolución histórica das Escolas de Pais para pasar a centrarse nestas no contexto do actual escenario educativo.
  • A guía selecciona unha serie de temas a partir dos cales ofrece consellos prácticos: estilos parentais, necesidade dunha educación en valores, responsabilidade e ética social, información e prevención cara as drogas, desenvolvemento de habilidades sociais, habitos de estudo, ... 
Para acceder á publicación, fai clic na imaxe

http://redined.mecd.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/1592/01820122017967.pdf?sequence=1

Fonte: Redined, recollida tamén en Orientacascales

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada