Unidade didáctica froito do traballo de varias profesoras de Castellón e orientada á consecución da igualdade e á sensibilización e reflexión crítica sobre ela na aula. Toma como referencia o tratamento discriminatorio da muller na publicidade.
A unidade divídese en dúas partes. A primeira describe con detalle diversos aspectos: xustificación, obxectivos, contidos, metodoloxía e avaliación. Na segunda, preséntanse 5 bloques temáticos, unha bibliografía e un anexo con imaxes de anuncios. O último bloque resérvase para unhas reflexións finais e a avaliación. Pola súa banda, os anteriores desenvolven temas como os medios de comunicación e a publicidade; o sistema sexo-género, roles e estereotipos; a publicidade sexista; lexislación e normativa. Ao final de cada un deles aparecen propostas de actividades de ensinanza e aprendizaxe.
Esta unidade foi publicada en 2008 pola Fundación Isonomía e a Universitat Jaume I.
Fonte: coeduelda. blogspot. com.es
Para acceder ao documento, fai clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario