Que quero ser: Guía de graos era o nome dunha excelente web financiada por MAPFRE que tiña como obxectivo axudar a futuros estudantes universitarios e ás súas familias a elexir estudos de grao. O portal pechou, pero unha parte da información puido ser rescatada gracias ao interese dun grupo de orientadores e, máis concretamente, de Claudio Castilla, que a inclúe no seu blog Orientaguía. Así, podes descargar e consultar as fichas correspondentes aos diferentes graos: descripción, obxectivos, plan de estudos, acceso, centros onde estudar, perspectivas de futuro, etc. A información se presenta organizada arredor das 5 grandes ramas de coñecemento ás que pertencen os graos:
- Graos de Artes e Humanidades
-
Graos de Ciencias Sociais e Xurídicas
-
Graos de Ciencias da Saúde
-
Graos de Ciencias
- Graos de Enxeñeirías e Arquitecturas
No hay comentarios:
Publicar un comentario