O maltrato entre compañeiros e compañeiras, tamén coñecido como bullying, é o acoso continuado a unha persoa por parte doutra, co consentimento explícito ou implícito do resto do grupo, que coñece o que está a pasar e actúa apoiando ou ignorando o abuso e a victimización.
O medo da víctima, a falta de recursos para evitar as ameazas e humillacións e o medo a contar a situación acaban encerrándoa nunha perigosa soidade.
Para atallar unha relación de maltrato entre iguais é fundamental que todo o mundo tome cartas no asunto.
Mira o vídeo Un día más para reflexionar e realizar a actividade que ven despois.
Fonte: mediacionyviolencia.com.ar
Responde ás seguintes preguntas:
- Como actuarías nesta situación? Intervirías ou non? Por qué?
- Como pensas que se sinte o protagonista?
- Que pensas da reacción da nai?
- Pensas que é un feito natural que os compañeiros traten dese xeito ao rapaz?
- No vídeo vése a alguén que trata de axudalo. Quen é? Por que o fai? Que consecuencias trae a axuda para quen a ofrece?
- Que pensas de todo o que viches?
- Para rematar esta tarefa de reflexión, escribe un eslogan pensando nunha suposta campaña que o teu colexio leve adiante para previr o acoso escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario