Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos) cuxo título completo é "Educación para a paz, a tolerancia e a igualdade, contra a violencia, a xenofobia e o racismo". O seu obxectivo é proporcionar ferramentas ás familias para que se poidan manexar na vida cotiá cos conflictos que xurden na casa ou que fillos e fillas traen da escola a casa. Consta dunha introducción seguida de sete capítulos nas que se abordan as seguintes cuestións:
- O conflicto
- Estilos de resolución de conflictos
- O diálogo. Estilos de comunicación
- Xestión e recoñecemento das emocións
- Educación intercultural para evitar a xenofobia e o racismo
- Estereotipos e prexuizos
- Recursos a ter en conta
A súa lectura é amena. Os diferentes temas son tratados partindo de exemplificacións prácticas.
Accede á guía facendo clic na imaxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario