20/12/14

Falar de adopción, tamén cando é difícil. Guía familias

Esta guía é froito da colaboración entre ARFACyL, CORA (entidades relacionadas cos procesos de adopción) e Grupo de Investigación AFIN . Hoxe en día, o discurso adoptivo está presente nas nosas vidas. A maioría das familias adoptivas practica unha comunicación directa cos seus fillos e fillas do feito adoptivo partindo do convenccemento de que xa non é algo que hai que ocultar, senon algo que forma parte das súas vidas. Agora ben, ¿seguimos a falar de adopción unha vez cumprido este trámite?

Desde a experiencia das asociacións de familias, sábese que non é así, que hai temas dos que non se quere falar, outros que se ocultan pola dor que espertan ou que hai familias que petenden levar a adopción como algo do pasado dos seus fillos e non do presente. 

O obxectivo da guía é constituir un instrumento de axuda ás familias para o diálogo e a comunicación cos seus fillos e fillas. Pretende así mesmo proporcionar algunhas claves para facilitar unha comunicación sana e aberta dentro da unidade familiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario