21/10/15

"Aislados". Videoxogo gratuito para traballar a competencia socioemocional

Aislados é un programa gratuito deseñado para traballar a competencia socio-emocional nas horas de titoría que ten como destinatario ao alumnado de 5º/6º de Educación Primaria e 1º/2º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria. Pódese xogar desde calquera lugar que teña conexión a internet. Primeiro, os xogadores se rexistran e van avanzando na partida (na casa ou no instituto). Posteriormente, o profesordo-titor pode descargar a guía didáctica, decidindo que seccións se traballarán na clase.

Os bloques de contidos que se poden elixir son os seguintes:
  • Asertividade
  • Toma de decisións
  • Relacións interpersoais
  • Autoestima
  • Intelixencia emocional
  • Adiccións

Financiado polo Plan Nacional sobre Drogas e realizado pola asociación SIAD , "Aislados" foi considerado o mellor xogo de promoción da saúde 2014 (Fun and Serious Games) e ven de recibir o Premio Reina Sofía contra as Drogas no ámbito educativo.

Accede ao xogo facendo clic na imaxe. Lembra que tes que rexistrarte! 

http://www.aislados.es/
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada