21/10/15

Nomofobia: Adicción ou abuso do teléfono móbil na ESO

Comparto aquí unha interesante presentación sobre o trastorno coñecido co nome de "nomofobia", consistente en presentar adicción ou emprego abusivo do teléfono móbil. Trátase du "trastorno", dunha adicción ou simplemente dun hábito? Tras unhas primeiras diapositivas nas que se define e delimita o fenómeno, a presentación inclúe os resultados dun estudo sobre uso e adicción ao móbil resultado dun cuestionario pasado ao alumnado de 1º da ESO do IES Mar de Poniente de La Línea (Cádiz). Nas últimas diapositivas (nº 15 e 16) inclúense distintos recursos didácticos sobre a nomofobia, entre eles varios vídeos de curta duración. Moi aconsellable para traballar na titoría da ESO. Moitos dos nosos alumnos e alumnas recoñeceranse nas conductas que se describen. 

Parabéns a Miguel Ángel Valverde Gea administrador do blog Entre pasillos y aulas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada