6/12/15

Grupos e iniciativas sobre a orientación en rede: cómo participar

Unha vez máis temos que dar as gracias ao noso compañeiro orientador Albefrto del Mazo por visibilizar o traballo dos e das profesionais da orientación educativa nas redes sociais. Curiosamente, él está detras dun bo número deses proxectos e iniciativas, motivo polo que xa lle foi concedido o Premio Educaweb 2014. A presentación que incluimos aquí, ademáis de recoller proxectos de traballo colaborativo en rede de profesionais da orientación, constitúe unha chamada á participación e colaboración neles. Parabéns, Alberto, polo teu encomiable traballo! Sen a túa dinamización e coordinación activa, moitos destes proxectos non terían visto a luz. Parábéns polo teu traballo a prol da orientación educativa!!!


Orientación educativa: comunidades virtuales y proyectos colaborativos en red from Alberto Del Mazo

Excelente ocasión, tamén, para dar a coñecer o magnífico blog sobre orientación e educación administrado por Alberto que leva por nome  "queduquequeducuando" e que, como ben nel se dí, ten "mais preguntas que respostas". Podes acceder facendo clic na imaxe:

http://queduquequeducuando.blogspot.com.es/2015/12/como-participar-en-comunidades.html?hash=8ccf8470-cb1e-455c-8a24-ea0499038769
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario